|
|
|
|
AS MÁSCARAS DE CRONOS |
|
Teño que recomendarvos un libro que rematei aínda onte. O seu título é As Máscaras de Cronos, de Ramón Caride Ogando, en Xerais. Trátase dun volume que recolle o seu traballo poético desde 1995 ata hoxe.
A Ramón Caride xa o coñeciamos, e moi ben, como poeta e narrador, pero é nesta última faceta polo que é máis recoñecido. Ademais do exitazo para moz@s que supón a saga de Shaid e Sheila, títulos para adultos como Soños Eléctricos, Sarou, Lumefrío ou Dedre ( que tiven a honra de prologar ), demostran por que xa en varias ocasións dixen que Moncho Caride é un dos mellores de entre nós. Hai poucos de nós que toquen tantos paos e o fagan ben. Hai poucos de nós, ademais, que traballen coa humildade coa que o fai, desde a constancia e o amor pola palabra, como Ramón Caride Ogando.
Como poeta, o seu talento é igualmente grande. Mais teño para min que quizais moitos lectores de literatura galega descoñecen esta faceta súa, a pesares de que desde hai anos gozamos, unha e outra vez, de textos como Cerne das Labaredas ou Xeografías do Sal ( recollidos no volume que hoxe recomendamos ).
Tiña que compartilo con vós. Unha experiencia fabulosa. Lédeo e falamos. |
|
|
|
|
|