|
|
|
|
UN ANO DESPOIS |
|
 Mañá fará un ano que naceu a miña filla pequena. Xa que logo, hoxe leveina comigo a unha librería. Metímonos na sección de infantil. Alí vimos libros de todas as cores e tactos, libros para dobrar, para meter na bañeira, con son, cheos de fermosas ilustracións, grandes, suxestivas.
Aínda non pode ler. Pero xa pode entender o divertido que pode ser un libro.
Será o meu agasallo mañá.
No seu primeiro aniversario, o seu primeiro libro. |
|
|
|
|
|