A Canción do Náufrago II


Blog do escritor Francisco Castro
Perfil de Francisco Castro
Perfil de Facebook de Francisco Castro.
Crea a túa chapa
O meu perfil
Francisco Castro
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 Tamén podes ler...
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A MANIFESTACIÓN DA VERGOÑA

Hoxe manifestáronse por Compostela. E pedían liberdade. E manteñen que o castelán está discriminado e perseguido en Galicia.
Manifestáronse. Protagonizando a protesta máis esperpéntica que nunca se deu no mundo. Aproximadamente 2500 galegos rexeitando a berro grande algo que é seu, algo que lles agasallaron os seus devanceiros, probablemente a lingua na que falan aínda seus pais, de certo que os seus avós, milleiros de galegos berrando por Compostela contra algo que é único e singular e que é o seu ADN máis verdadeiro.
Protestaron, en castelán, claro, mais fixérono coas sete vogais galegas que non poden evitar utilizar. Con acento galego. Cada un co acento do seu lugar. Amosan un odio infindo contra de si mesmos. E iso dá vergonza.
Porque odiar como se nota que odian a lingua de todos, tamén a deles aínda que non lles guste, só pode producir vergonza.
Os que se manifestaron hoxe non queren o bilingüísmo aínda que o digan. Queren monolingüísmo castelán e punto. Xa está ben de aturarlles que nos digan outra cousa. Xa está ben de entrarlles nun debate que é de todo punto imposible de manter porque, entre outras cousas, cando de debatir se trata, o mínimo que hai que esperar da outra parte é a xenerosidade de recoñecer que se vai tratar con argumentos e non con prexuízos.
A manifestación de hoxe foi a manifestación da vergonza, do autonoxo e do patetismo. Unha manifestación suicida, antipaís, antiilustrada e antisenso común. Un disparate. Unha parvada tristeira que nos afunde, nos derrota e nos fai perder a fe.
Como hoxe explicaban ben algúns xornais, os convocantes reciben o apoio de sectores que andan moi achegados, ou directamente metidos, na ultradereita. Son os que non queren que as mulleres violadas e preñadas aborten. Son os mesmos que aínda sospeitan que detrás do 11 M estaba alguén distinto dos que foron. Son o eco de Jiménez Losantos. Son os que nos negan a unha morte digna e libremente escollida aos que non queremos a fin dos nosos días padecer sen esperanza. Son os que pelexan contra da Educación para a Cidadanía e non lles importaría Relixión Católica obrigatoria para todos...
Son un tristeiro exemplo de confusión e de falta de raciocinio.
Mais son galegos. Ou gallegos. No fondo tanto ten. En calquera caso, veciños, compatriotas. Sen dúbida, tamén irmáns.
Hoxe pódeme a vergoña.
Categoría: Xeral - Publicado o 08-02-2009 22:10
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0