|
|
|
|
PALABRA DE PORRO |
|
 Nun acto preelectoral en Vigo, Corina Porro, exalcaldesa da cidade dixo textualmente falando da intención do PP de derogar o descreto do galego no ensino: "empeño mi palabra y abandonaré la política si no se hace así".
Empeñar a palabra é algo moi serio que alguén que se dedique á política só debe facer diante de algo que considere esencial e transcendente. Está claro que, para ela, o asunto lingüístico é fundamental. Non deixará a política se non acaba coa violencia de xénero. Non deixará a política se non acaba co paro. Non deixará a política se non acaba co fracaso escolar.
Deixará a política se non consigue que se reduzan as horas de ensino en galego en Galicia. |
|
|
|
|
|