|
|
|
|
A GRAN LITERATURA |
|
 Borges dicía que había un xeito de saber cando estabamos diante dun texto de Gran Literatura. El falaba "da inminencia dunha revelación que non se produce".
Hoxe proclamo o meu acordo con esta visión. E que poucas veces atopo iso nun libro, a sensación de que o autor ou autora está a levarme a outro mundo mentres o leo, a crenza en todo o que me conta, en que vai revelarme algo que permanece agachado e que só pode aparecer entre as palabras.
Vai soar elitista, pero partín de Borges: o resto, é entretimento.
( e ollo: que non se di, aquí, que non deba existir, desde logo ) |
|
|
|
|
|