 Mañá, como tanta xente, irei manifestarme pola paz en Palestina, porque non pode ser que os tanques disparen aos nenos, porque non pode ser que as bombas caian sempre sobre os mesmos, porque non pode ser que morra unha e outra vez a mesma señora, o mesmo vello, os mesmos noivos, os mesmos pais, as mesmas nais, porque non pode ser que rebenten sempre os mesmos corpos, que se curten sempre as mesmas mans, que están feitas para acariñar, que se salten sempre os mesmos ollos, nacidos para ver a beleza.
Mañá manifestareime pola paz.
Porque non pode ser. |