A Canción do Náufrago II


Blog do escritor Francisco Castro
Perfil de Francisco Castro
Perfil de Facebook de Francisco Castro.
Crea a túa chapa
O meu perfil
Francisco Castro
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 Tamén podes ler...
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

FILL@S DA TELEVISIÓN

Hai uns meses fixen aquí unha reflexión arredor do influxo, poderoso, da televisión no noso xeito de narrar. Perdoádeme se me poño en plan Cuéntame como pasó, pero son capaz de evocarme a min mesmo, moi pequerrecho, diante do televisor. Xa que logo, ese xeito de narrar está na miña xeración queiramos ou non. No artigo citado sinalaba eu que nuns anos veremos como lle influíu aos que escriban detrás de nós tanta videoconsola ( que tamén teñen, as historias coas que xogan, os seus argumentos, os seus personaxes, os seus ritmos narrativos, etc... ).
Agora, atopo esta reportaxe do suplemento de El País na que, dalgunha maneira dise o mesmo pero desde a outra banda: os grandes contadores de historias, agora, son os que escriben House, e as demais series que triunfan en todas as teles.
Ruíz Zafón é categórico: "sin duda, Dumas o Dickens estarían hoy en televisión"
Categoría: Xeral - Publicado o 09-10-2008 23:18
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0