|
|
|
|
SHERLOCK E HOUSE |
|
 Hai un tempo comentei aquí unha nova curiosa relacionada con Sherlock Holmes.
Daquela non contei que o personaxe creado por Conan Doyle é o que máis veces se adaptou ao cine.
Dalgunha maneira, é lóxico, porque para os que gustan ( e son milleiros ) da trama detectivesca no cinema ou na literatura, Sherlock Holmes é o paradigma.
E o asunto non deixa de ser curioso porque, cando lemos algunha novela de detectives, ou negra ( aínda que non son o mesmo ) sabemos, de sobra, que o protagonista vai descubrir ao culpable, que o mal vai perder, que aquel de quen sospeitabamos non era, e que, ao final, o Sherlock que sexa ( todos son Sherlock aínda que se chamen doutra maneira ) terminará decatándose de algo no que o resto non repararan. E que aí está a clave.
Se vos decatades, non hai diferencia entre iso e a estrutura dun capítulo de House.
Por iso enganchan. |
|
|
|
|
|