A Canción do Náufrago II


Blog do escritor Francisco Castro
Perfil de Francisco Castro
Perfil de Facebook de Francisco Castro.
Crea a túa chapa
O meu perfil
Francisco Castro
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 Tamén podes ler...
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

NOSTALXIA ( SEGUNDA PARTE )

Nostalxia tamén, do intensos que eran os sabores. Saír da escola ( unitaria: oitenta nenos ou así desde "parvulitos" a oitavo de EXB ) da señorita Mary, e ir ao mercado, ao posto da miña nai, e pedirlle un duro, cinco pesetas de nada, e ir á de Concha, a "lechería", que así era como lle chamabamos a unha tenda na que merquei tebeos e chicles e celo e papel e de todo pero nunca leite.
Na de Concha, cravados polo pao nunha especie de cilindro transparente, estaban os Chupa Chups. Había nenos repelentes que lle facían meter a man dentro daquela urna de azucre e felicidade unha chea de veces ata que Concha sacaba o que eles querían. Eu non. Eu sempre fun máis sinxelo. "¿Cal queres, neno?". "Tanto ten, Concha, o que me deas". E Concha sacaba un chupa calquera e eu sacaba aquel plástico e xa era un chisquiño máis feliz.
Agora, seica, os Chupa Chups cumpren 50 anos. E horror dos horrores, a empresa vén de anunciar que van saír sen pao. Que outro vai ir recheo de chocolate, pero sen azucre, e que outros serán brandos e con zume de froitas dentro.
Nostalxia dun tempo que xa foi. Dun eu que xa non volverá ser.
Chupa chups sen pao... vivimos na era da farsa.
Categoría: Xeral - Publicado o 26-06-2008 23:20
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0