A Canción do Náufrago II


Blog do escritor Francisco Castro
Perfil de Francisco Castro
Perfil de Facebook de Francisco Castro.
Crea a túa chapa
O meu perfil
Francisco Castro
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 Tamén podes ler...
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

NOSTALXIA ( PRIMEIRA PARTE )

Leo que hai trinta anos da estrea de Grease.
Chamádeme nostalxico. Tanto me ten.
Non podo deixar de ver a película de cada vez que a pasan pola tele. Na casa ódianme porque non só a vexo, senón que ademais vou contándoa, anticipando esceas que, de tan repetidas, xa todos saben. Mais eu fágoo igual.
E non podo deixar de emocionarme, hortera, seino, probablemente patético, asumo sen vergonza, cando cantan aquilo de Tell me more eles e elas en Summer Nights. Sei que non van respectarme máis se lles digo que teño o vinilo, dobre, gardado coma unha alfaia valiosa no meu despacho de traballo, e que de cando en vez póñoo. Está alí, ao carón da miña colección, completísima, de discos dos Beatles.
Foi unha canción de Grease a primeira que puxen nunha daquelas máquinas de discos que había nos bares ( You're the one that I want ... ohh ohh ohh, honey!!! ). Foi a BSO de Grease a primeira cinta de casette que gastei de tanto oíla.
Pero sobre todo, Grease é Pilar, unha nena do meu tempo ( ¡tiña eu doce anos! ) da que teño primeira constancia de ter namorado. Ou algo así. Pilar os domingos no Roxy. Pilar na sesión das tres e media os domingos, flocos de millo, fragolosina que rico helado, pipas Facundo e bicos sabor chicle de fresa ácida. Porque Pilar, á moda, gastaba aqueles pantalóns coma Olivia Newton-John, de coiro negro. Incluso, na miña memoria, ten o pelo cuspidiño a Sandy.
Ollo cara atrás, neste comezo de verán que, non sei por que, recende a nostalxia.
Tell me more...
Contarei máis. Mañá.
Categoría: Xeral - Publicado o 25-06-2008 23:31
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0