A Canción do Náufrago II


Blog do escritor Francisco Castro
Perfil de Francisco Castro
Perfil de Facebook de Francisco Castro.
Crea a túa chapa
O meu perfil
Francisco Castro
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 Tamén podes ler...
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

CHOVE PARA QUE EU SOÑE

Un dos meus grandes praceres diarios é ir camiñando moi de vagar ao traballo. Gusto de sentir a friaxe da mañá, de cruzarme máis ou menos coa mesma xente cada día. Poño un auricular nunha orella, soa a música, vou cantando, en baixiño, para min. Un pracer sinxelo.
Hoxe, chegando á fin do meu camiño, vexo dúas grandes pancartas desas enormes de publicidade nas que nunca ninguén - eu tampouco - repara. Mais desta vez si.
Á esquerda, o anuncio dunha inmobiliaria. Apartamentos adosados á beira do mar. Un horror. Do outro lado, unha constructora. Outro horror.
Pero no medio - ouh gloria - uns versos ben coñecidos de Uxío Novoneyra no marco da campaña para o fomento da lectura da consellería: Chove para que eu soñe?.
No medio da industria do ladrillo, as verbas enormes de Novoneyra. Na miña orella esquerda treme Andrés do Barro.
Entrei no traballo. Sorrindo. O día sería - non tiña dúbidas de ningunha clase - un chisco mellor.
Categoría: Xeral - Publicado o 24-06-2008 23:18
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0