A Canción do Náufrago II


Blog do escritor Francisco Castro
Perfil de Francisco Castro
Perfil de Facebook de Francisco Castro.
Crea a túa chapa
O meu perfil
Francisco Castro
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 Tamén podes ler...
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

CERVANTES GUAPA
Hoxe pasei por diante da antiga librería Cervantes de Vigo. Para os que sodes desta miña cidade xa sabedes todo o que significou e a importancia que desde sempre e durante décadas tivo para miles de vigueses ata que pechou hai aproximadamente un ano. Para os que sodes de fóra, de certo que en cada unha das vosas cidades e vilas hai unha, ou un par de librerías emblemáticas ás que, polos motivos que sexan, lle tendes moita querencia.
Que unha librería desapareza é ben triste, pero moito máis se o negocio que ocupa o seu lugar camiña por vieiros radicalmente distintos dos que adoitaba ter cando era un templo de libros, de versos e de historias.
Co caso da do Cervantes cúmprese á perfección á metáfora postmoderna de que moito máis importante que o interior é a carcasa de fóra, que moito máis valorado socialmente que a lectura é a epiderme e a talla 38. Ou, cando menos, que é moito máis rendible.
Onde ata hai ben pouco había moreas de libros agora existe unha tenda ( cando menos tiveron o bo gusto de conservar o "Cervantes" no nome do negocio ) dedicado a "parafarmacia". Mais os carteis e as verbas escritas no escaparate non deixan dúbidas: antiestrías, dietas, incompatibilidade alimentaria, control de peso...
O signo do noso tempo.
Categoría: Xeral - Publicado o 22-06-2008 23:49
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0