A Canción do Náufrago II


Blog do escritor Francisco Castro
Perfil de Francisco Castro
Perfil de Facebook de Francisco Castro.
Crea a túa chapa
O meu perfil
Francisco Castro
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 Tamén podes ler...
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O FALLO FOI UN FALLO
Déronlle ao Google o Príncipe de Asturias. Desta vez, o fallo foi un fallo.
O tópico di que eses galardóns teñen case que tanta importancia coma o Nóbel. Xa que logo, entendemos que a xente ou institucións que son premiadas é porque hai práctica unanimidade arredor dos seus méritos.
Neste caso hai motivos para disentir.
Premiaron a Google, unha empresa que, para entrar no mercado da China, aceptou facelo desde a censura, é dicir, desde a mentira. Así, se un chinés ou unha chinesa poñen no Google, desde a propia China, "matanza de Tiannamen" ou "democracia" ou cousas polo estilo, o galardoado Google, o premiado Google, o asturiano Google diralles iso, tan democrático de Page Nof Found, ou sexa, que te aguantas e non ves isto, disidente, e ollo, que che vai aparecer, coa colaboración do Google, a policía pola porta en calquera instante deste olímpico ( outra vergoña ) ano.
O fallo foi un fallo.
Categoría: Xeral - Publicado o 21-06-2008 23:40
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0