A Canción do Náufrago II


Blog do escritor Francisco Castro
Perfil de Francisco Castro
Perfil de Facebook de Francisco Castro.
Crea a túa chapa
O meu perfil
Francisco Castro
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 Tamén podes ler...
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

LIBROS DE PAPEL versus LIBROS ELECTRÓNICOS
Hai ben de tempo que tiña gañas de ligar aquí este meu blog con este artigo do sempre lúcido e claro José Antonio Millán.
E tiña gañas de facelo porque coido que a súa posición - equilibrada e ecuánime - é a que no fondo explica mellor que ningunha outra o que vai ser e debe de ser o futuro do libro e o que ten que seguir sendo e debe de ser o senso común.
Fronte dos apocalípticos que levan augurando a desaparición do libro desde hai non sei canto, aos que se negan en redondo e en cadrado a aceptar a evidencia inevitable do dixital, impóñense opinións coma a súa: amamos os e-books por todo o que nos van permitir facer ( acceso rápido á información, podermos ler libros moi antigos dixitalizados, etc... ); pero aínda non hai invento máis cómodo, xeitoso e amigable, para ler, que un libro de papel dos de toda a vida.
A convivencia é inevitable. E dicimos máis: é o mellor dos estados posibles.
Porque por moito que nos dean os libros electrónicos, os que amamos os libros non imos deixar de gozalos; pero por moito que amemos os libros que cheiran a libros e teñen tacto de libros e "soan" coma libros, non imos deixar de aproveitar outros soportes que, pola súa inmediatez e posibilidades, poden completar a nosa felicidade lectora.
Categoría: Xeral - Publicado o 20-06-2008 23:50
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0