A Canción do Náufrago II


Blog do escritor Francisco Castro
Perfil de Francisco Castro
Perfil de Facebook de Francisco Castro.
Crea a túa chapa
O meu perfil
Francisco Castro
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 Tamén podes ler...
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

FANNY AGUIRRE
Seica Esperanza Aguirre conseguiu que Telemadrid non emitira as imaxes nas que, digamos, perdía os nervios diante dunhas manifestantes o outro día. Deulle - din - por censurar ( probablemente os xornalistas desa súa canle soportan a peor das censuras: a autocensura ou a censura preventiva ) e o que conseguiu, precisamente, foi que todas as canles e sobre todo a Rede, reproducisen as imaxes por todas partes e todo o tempo.
Os políticos, polo xeral, cando meten a gamba, son así de torpes.
Igualiño que a portada famosa de El Jueves de aí atrás.
Ben mirado, se cadra o que un precisa é que lle censuren un libro para vendelo a eito.
De feito, no seu día e hai moito tempo, John Cleland, un autor de clase alta pero caído na desgraza do cárcere, escribiu desde alí Fanny Hill, unha obra considerada polémica ( desde o cárcere tamén escribía obras subidas de ton o Marques de Sade, non sei que terá a prisión para a inspiración ). Cando por fin o soltaron, a pouco máis méteno de novo pola noveliña en cuestión. Non lle quedou outra, para non volver a presidio, que renegar dela, e, de feito, escribiu unha versión, digamos, decente. A oficial fora prohibida por obscena.
Adiviñen cal era a que, en edicións pirata, vendíase e vendíase e vendíase.
Categoría: Xeral - Publicado o 17-06-2008 23:05
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0