A Canción do Náufrago II


Blog do escritor Francisco Castro
Perfil de Francisco Castro
Perfil de Facebook de Francisco Castro.
Crea a túa chapa
O meu perfil
Francisco Castro
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 Tamén podes ler...
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O INSTINTO BÁSICO DA DOCUMENTACIÓN

Teño unha certa debilidade por ver películas nas que o protagonista ou algún deles son escritores. Debe de ser algo relacionado coa deformación profesional. O que non recordaba é que a infumable Instinto Básico ( vina na estrea, saíndo da adolescencia, e a noite pasada, só o final, na tele ), non me acordaba, dicía, de que a protagonista - Sharon Stone - era unha novelista. De certo que non o lembraba, moi probablemente porque, cando a vin por vez primeira estaba máis pendente de... digamos... outro tipo de detalles.
Rin un cacho para min mesmo ao escoitar a idea que teñen os estadounidenses sobre o que é a documentación no traballo do novelista. A Stone pásase toda a película deitándose co poli "para documentarse para a súa novela", e ten o comportamento sexualmente exaltado que ten porque "necesita datos".
Eu sabía que a fase de documentación á hora de escribir unha novela é importante. Pero nunca se me deu por esta caste de metodoloxías.
Haberá que ir adaptándose a esas técnicas.
Categoría: Xeral - Publicado o 16-06-2008 23:13
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0