A Canción do Náufrago II


Blog do escritor Francisco Castro
Perfil de Francisco Castro
Perfil de Facebook de Francisco Castro.
Crea a túa chapa
O meu perfil
Francisco Castro
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 Tamén podes ler...
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

XA NON HAI RESPECTO

Hai por aí un anuncio de coches que pretende facer que pensemos na liberdade e os anceios de aventura que transmitiu Jack Kerouac ( na foto ) no seu On the road. Se o etílico e canso e xenial Jack vira o anuncio probablemente iría correndo a un concesionario a prenderlle lume. A subversión convertida precisamente no máis conservador que hai: o consumo.
Noutro, sae Einstein asociado a non sei que produto. E non hai moito, outro anuncio, paréceme que tamén de coches, sacaba a John Lennon cantando o God, unha canción nihilista e destructiva e anti-sistema ( o John pásase toda a canción dicindo I don't believe... e acaba con todo ) como o seu pano de fondo inductor ao consumo do vehículo en cuestión.
Un completo disparate.
Velaquí a demostración da forza do capitalismo, que é capaz de coller produtos pensados para atacar con dureza ao sistema e, lavándolles a cara, facelos pasar como xustamente o contrario do que eran cando foron concibidos: invitación ao consumo, ao conservadurismo, á quietude e, en definitiva, á estupidez colaboracionista.
Categoría: Xeral - Publicado o 04-06-2008 22:54
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal