A Canción do Náufrago II


Blog do escritor Francisco Castro
Perfil de Francisco Castro
Perfil de Facebook de Francisco Castro.
Crea a túa chapa
O meu perfil
Francisco Castro
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 Tamén podes ler...
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

¿SEICA NUNCA IMOS ABRIR O DEBATE?
Xa sei que todos os anos estou, coma un prosma cíclico, coa mesma teima. Que hai que darlle unha volta ao Día das Letras Galegas. Que tal e como a temos non nos leva a nada. Que a xente pasa de todo e marcha á praia. Que non é dabondo só con poñer as portadas dos xornais ese día en galego.
Eu aviso con tempo. E redundo: porque aínda estamos a tempo.
Pois o día do libro pasou, e un ano máis, ollamos para Cataluña con envexa da sue festa de libros grandiosa na que participa, e con orgullo, toda a súa sociedade.
Pregunto, e quen teña azos que conteste: ¿cando se vai, de verdade, asumir a reforma efectiva do DLG? ¿Ou hai que resignarse a que nunca imos abrir ese debate? Igual é iso.
Categoría: Xeral - Publicado o 23-04-2008 23:19
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal