|
|
|
|
LA FRONTERA INFINITA |
|
Sempre gustamos de celebrar as boas novas. E que obras de fóra cheguen ao galego e que obras galegas viaxen cara fóra sempre é unha boa nova.
Neste senso, quero mostrar aquí a miña ledicia pola aparición do libro de Celso Emilio Ferreiro, La Frontera Infinita, traducción ao castelán publicada por Factoría K quen, ademais, aproveita para tirar tamén en castelán os Males de Cabeza de Fran Alonso e, en galego, Cuspirei sobre as vosas tumbas de Boris Vian.
Xa dixen moitas veces que o sistema literario e editorial galego funcionan con normalidade nun país que, ao respecto do propio, é dabondo anormal. Nese senso hai que entender que un dos grandes acontecementos dos derradeiros anos está a ser, precisamente, a fluidez coa que as traducións viaxan dunha lingua a outras e viceversa.
Espero que os lectores non galegos poidan disfrutar grandemente da edición deste clásico de Celso Emilio Ferreiro. Leva, ademais, un prólogo, lúcido e interesante, de Ramón Nicolás, que lles axudará, aos lectores de fóra de Galicia, a entender ese Gulliver enorme que o poeta de Celanova era.
As fronteiras esvaécense, desaparecen grazas ás traducións. E é a literatura, precisamente, a que se volve infinita. |
|
|
|
|
|