|
|
|
|
DICIR O QUE SE PENSA |
|
 No libro que vos recomendei o outro día, Kerouac di: Se non dis o que pensas, ¿que sentido ten escribir?
Houbo unha época na que todo o mundo esperaba que a xente da cultura alzase a súa voz e aproveitase as plataformas coas que conta para deitar opinións, apoiar causas... poñendo a súa palabra ao servizo das ideas máis nobles. Hoxe en día a miña sensación é que en moitos casos demasiada xente anda desaparecida. Incluso hai moita xente, da cultura, que opina que o único traballo do creador é, precisamente, crear.
Eu penso, nisto, coma Kerouac. Se escribo, entre outras cousas é para dicir o que penso. E se non, pois non escribo. |
|
|
|
|
|