A Canción do Náufrago II


Blog do escritor Francisco Castro
Perfil de Francisco Castro
Perfil de Facebook de Francisco Castro.
Crea a túa chapa
O meu perfil
Francisco Castro
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 Tamén podes ler...
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

XA SOMOS MOITOS OS QUE PENSAMOS IGUAL ( UNHA OPINIÓN, TAMÉN, DRAMÁTICA )
Hoxe o Faro de Vigo publica unha entrevista coa poeta Yolanda Castaño. O titular está na onda do que eu mesmo dicía aquí, algo dramático, o outro día. En concreto: O único que lle falta á cultura galega é promoción e mercado.
Daquela, seica xa somos moitos os que pensamos igual.
Da entrevista ( estou de acordo con Yolanda en todo o que segue ) destaco o seguinte: - Falaba das vangardas internacionais, a cultura galega precisa de novos aires?
- A cultura galega non ten moito que envexar ao que se fai a nivel estatal ou europeo, o único que lle falta é promoción e mercado. Porque o feito é que xente que fai cousas realmente arriscadas, modernas e de compromiso coa arte, e o público ten que ser coñecedor delas.
- Esa falta de difusión é por parte das institucións? tamén implica aos propios artistas?
- De todos. Por parte das institucións sempre se pode facer algo máis: aparellar circuitos e colaborar na distribución dos formatos... Tamén por parte das empresas privadas vinculadas á cultura; e logo por parte dos creadores, porque hai moitos que se queixan da falta de mercado, pero esperan a que llo leven aos pés do sofá.

Xa o dixen o outro día. E hoxe ela insiste.
Non temos nada que lle envexar ao resto das culturas europeas. Pero fáltanos promoción e mercado. O público non chega a coñecer o que facemos. E hai moito creador que está esperando que lle leven a promoción á súa casa.
Teño falado disto moitas veces con Yolanda. No fondo, e a pesar de que podemos soar dramáticos, síntome esperanzado de que de cada vez haxa máis creadores conscientes do mesmo: temos que gañar á xente, hai que ir a por ela. Non debemos acomplexarnos. Velaquí estamos. Isto facemos. Agora, lédenos, escoitádenos, xulgádenos.
Categoría: Xeral - Publicado o 29-08-2007 12:46
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0