A Canción do Náufrago II


Blog do escritor Francisco Castro
Perfil de Francisco Castro
Perfil de Facebook de Francisco Castro.
Crea a túa chapa
O meu perfil
Francisco Castro
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 Tamén podes ler...
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

LECTURAS DE VERÁN: LA VANIDAD DE LOS DULUOZ

Había moito tempo que non gozaba tanto cun libro como coa obra de Jack Kerouac, La vanidad de los Duluoz ( Anagrama ), un texto no que o escritor nos informa da súa Educación Audaz, é dicir, os seus anos de formación como escritor. Pero é un libro tamén nos que se nos conta a súa vida ( inevitable non ter sempre, cando un le este tipo de libros, a mesma sensación: a miña vida é ben aborrecida... ), é dicir, o seu paso polo Fútbol Americano ( foi toda unha estrela ), a súa vida de mariñeiro, e as súas andanzas durante a Segunda Guerra Mundial. Por suposto, tamén toda a súa iniciación underground, as drogas e todo iso...
Pero, sobre todo, esta obra impresionante é unha longa carta dirixida á súa muller na que explica, como dixen, como foi que decidiu ser escritor.
O libro impresionoume por moitos motivos. Mais o que agora quero compartir con vós é un pensamento de Kerouac que sempre fixen meu: converteuse en lector porque decidiu pasar do sistema educativo tradicional. Pasou das clases, da academia, dos profesores da universidade, de Todo O Oficial, e, como a cousa máis lóxica do mundo, entrou nas bibliotecas e leu. O que lle petaba. Ceibo.
Despois, fíxose escritor.
Categoría: Xeral - Publicado o 27-08-2007 13:24
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0