A Canción do Náufrago II


Blog do escritor Francisco Castro
Perfil de Francisco Castro
Perfil de Facebook de Francisco Castro.
Crea a túa chapa
O meu perfil
Francisco Castro
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 Tamén podes ler...
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

EU SON BRASILEIRO. SEICA.
Onte andaba eu todo apurado - case correndo - porque ía chegar tarde a un compromiso cando, en pleno centro de Vigo, fun abordado por tres rapazolos duns sete ou oito anos ( dúas nenas e un neno ) que me espetan: "Señor, ¿nos compra una de estas pulseras que nosotros mismos hacemos?" Obviamente, andaban a xogar. Son nenos do barrio. Levan así uns días desde que andan de vacacións.
Como levaba tanta présa, respóndolles "¡agora non podo, agora non podo!".
Quedan atrás.
Apuro que non chego.
Ás miñas costas, escoito a unha das nenas decir: "bueno, a este dejarlo que es brasileño".
Ou o que é o mesmo: en pleno centro de Vigo, tres nenos de Vigo, se escoitan a un señor falar distinto, en Vigo, o único que se lles pode ocorrer, santiños, é que é do Brasil.
Vale máis esta anécdota que mil tratados de sociolinguística.
Eu, brasileiro.
Créanme, nin de lonxe parezo brasileiro. Nótaseme un mundo que son de aquí.
Categoría: Xeral - Publicado o 04-07-2007 07:02
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0