A Canción do Náufrago II


Blog do escritor Francisco Castro
Perfil de Francisco Castro
Perfil de Facebook de Francisco Castro.
Crea a túa chapa
O meu perfil
Francisco Castro
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 Tamén podes ler...
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A LUZ NOVA

Veño de rematar a lectura dun libro fantástico que non podo deixar de recomendarvos con entusiasmo. O seu autor é Vicente Luis Mora. O libro chámase La Luz Nueva, e está editado por Berenice. A moitos xa lle soará o nome do autor polo seu excelente blog.
No libro fala de moitas cousas. Entre outras, de que é innegable que moitos dos que agora escribimos e nacimos despois de 1960, é dicir, diante da televisión, non podemos deixar de notar a súa influencia en todos e cada un dos nosos textos. E leva razón. E fala diso e do impacto, no xeito de escribir, das novas tecnoloxías. A literatura, xa que logo, vólvese fragmentaria, cun discurso cheo de hipertextos e narrativamente tendente ao videoclip. A imaxe vólvese a raíña, e sobreabondan, así, as novelas "adaptables" ao cine, escritas cunha estructura de telefilme.
É especialmente interesante cando fala de como a xente, a forza de ver tantísimas horas a televisión, termina entendendo que a realidade é a televisión e non a realidade que se ve pola rúa ou a través da fiestra.
Rematei o libro onte á tardiña. E esta mañá collín o Faro de Vigo, e ese mestre do humor que é Davila regalounos esa alfaia que reproduzo aí enriba.
É o complemento perfecto.
Categoría: Xeral - Publicado o 22-06-2007 14:15
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal