A Canción do Náufrago II


Blog do escritor Francisco Castro
Perfil de Francisco Castro
Perfil de Facebook de Francisco Castro.
Crea a túa chapa
O meu perfil
Francisco Castro
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 Tamén podes ler...
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

ASTERIX 80

Albert Uderzo é o debuxante e guionista de Astérix. Antes de que morrera Goscinny só os debuxaba. Despois encargouse de todo.
Agora cumpre 80 anos.
Levo defendido moito neste blog a importancia da Banda Deseñada na formación dos futuros lectores. No meu caso, Astérix resultou esencial.
Recordo perfectamente a primeira vez que os irreductibles galos chegaron á miña vida. Meu irmán, que é moito máis grande cá min, marchara de viaxe por España adiante. Eu tería 10 anos. Non máis. Volveu despois dun mes e tróuxome dous agasallos. A equipación do Atlético de Madrid ( moito fardei no barrio, ninguén tiña algo así ) e o tebeo ( daquela chamabámolos así ) Astérix y el Caldero. Non coñecía de nada aqueles personaxes. Pero si recordo que, durante anos, lin e lin e volvín a ler aquela historia.
Sobre todo, enfeitizábame o corido daquelas páxinas. O detalle do debuxo. E a trama. E o humor. E todos e cada un dos galos e romanos.
A inconsciencia fixo que ao medrar me desfixera daquel exemplar. Como ía sospeitar que había ser tan importante na miña memoria sentimental. Hoxe, por suposto, volvo a telo. E sego experimentando a mesma emoción, exactamente a mesma, de cada vez que abro unha das súas historias. Sego abraiado diante da cor, do detalle, da trama, do humor, feliz na compaña de todos e cada un dos galos e dos romanos.
( A FOTO CORRESPONDE Á PRIMEIRA PÁXINA DA HISTORIA DA QUE VOS FALO )
Cando teña 80 seguirei lendo a Astérix.
Categoría: Xeral - Publicado o 21-05-2007 09:37
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0