Pois nada, animeime a facer un video e colgalo no you tube, coas miñas fotografías, so espero que vos guste e que non sexades moi críticos, tede compaixón, tan so é o segundo!
Case sempre, neses dias de inverno que a mi me gustan, co mar algo revolto, podemos ver romper contra as rochas, impresionantes ondas, esta foto está tomada dende o espigón.
Hai unha semana que tirei esta fotografía na praia da magdalena, o vento mostrabase xeneroso e o mar invitaba o baño, parecia que a pesar da lixeira friaxe o tempo queria facernos crer que o verán estaba a chegar, coitado tempo!
Este enviumo o amigo Rivas(de uz)mediante unha Ligazón, agora contestoo eu, veremos o resultado.
O principal rasgo do meu carácter?
A Retranca, iso di o meu amigo Mario.
A calidade que prefiro nun home?
Que valore a Amizade, non me gustan as relacions por interés.
A calidade que desexo nunha muller?
O mesmo que nun home.
O que máis aprecio nos meus amigos?
A constancia e a sinceridade.
O meu principal defecto?
A miña terquedade.
A miña ocupación preferida?
Facer fotos e escribir.
O meu soño de dicha?
Non teño. Cal sería a miña maior desgraza?
As que quedan por vir.
Que quixera ser?
Eu mesmo, pero mellor.
Onde desexaría vivir?
Xa vivo onde desexo.
A cor que prefiro?
Vai por rachas, hoxe diria que o azul.
A flor que prefiro?
A Flor da cerdeira.
O paxaro que prefiro?
A curuxa.
Os meus autores preferidos en prosa?
Arthur C.Clarke, de toro, etc.
Os meus poetas preferidos?
Non leo moita poesia, pero os que me gustan seguro que non vos gustan.
Os meus heroes de ficción?
Os típicos dos comics e os da serie "Heroes".
As miñas heroínas de ficción?
Pois non sei...
Os meus compositores preferidos?
Ludving van.
Os meus pintores predilectos?
van gogh
Os meus heroes da vida real?
Os meus avós.
As miñas heroínas históricas?
Quédome coa resposta de antes.
Os meus nomes favoritos?
Roi, Uxia e non, Roi non é nome de can, como pensan alguns.
Que detesto máis que nada?
A inxustiza.
Que caracteres históricos desprezo máis?
Os autoritarios.
Que feito militar admiro máis?
Todos os que rematen cun conflicto.
Que reforma admiro máis?
Ainda está por vir.
Que dons naturais quixeras ter?
Pois os que non teño.
Como me gustaría morrer?
De vello e sen padecer.
Estado presente do meu espírito?
preguntareillo a Iker.
Feitos que me inspiran máis indulxencia?
case todos os que conlevan un arrepentimento sinceiro.
Durante o mes de maio podedes visitar a exposición de fotografías en branco e negro que se montou no salón de Plenos do Concello de Pereiro de Aguiar. As fotografías pertencen a un fotógrafo Coruñés Alberte Couto. Merece a pena que vos acheguedes. O horario de visita é de 9.00 a 14.00 horas de luns a sábado. Para ver unha pequena mostra pinchade no enlace, e se vos interesan podedes mercalas na sala de exposición.
Eu pensei, "hoxe é unha boa tardiña para pasarme por San Antón", mais parece ser que outros tiveron a mesma idea ca min, ainda asi tirei algunhas fotiñas.