FORZA DEPOR


 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

PASOU O DÍA, PASOU A ROMARÍA
E así foi...

Máis outra ocasión, a nosa cidade acolleu a fase final da Copa de Basket no Coliseum. Aproveitando que non xogou o Depor na casa e tratando de esquecer o mal xogo do noso equipo no estadio de Cornellá-El Prat, adico este post ao corido co que se encheron as rúas herculinas co gallo da devandita fase final. A copa finalmente levouna o Real Madrid pero a pegada importante foi a que deixaron principalmente @s siareir@s do Laboral Kutxa Baskonia, Bilbo Basket e os nosos veciños picheleiros, o Obradoiro. As hinchadas chegadas de Euskal Herria tomaron a cervexería da Estrella Galicia xa o xoves ao mediodía. Moito ambiente nas rúas coruñesas tamén pola noite e de seguro que a hostelería nocturna o agradeceu con creces.

No deportivo puidemos asistir a basket de calidade, con xogos moi desputados e un Coliseum ateigado todos os días. A nota negativa: a exclusión a un segundo plano do Basket Coruña, o equipo da cidade. Demostrou-se con creces que a cidade herculina merece un clube na ACB, pero pra iso hai que se poñer as pilas e detalles coma o do Basket Coruña non axudan. Tamén cómpre fazer unha mención aos siareiros do Herbalife Ggran Canaria chegados pro día da final. Pra rematarmos deixo-vos un vídeo da hintxada do Baskonia polas rúas coruñesas que agardemos que se repita pronto.


Comentarios (0) - Categor�a: 07.- FUTEBOL GALEGO - Publicado o 24-02-2016 17:38
# Ligaz�n permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecer� publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
contador de visitas
compteur de visite
contador de visitas