Fontenla


Juapo, juapo non é... pero ten un pelaso!

O meu perfil
nino.fontenla@gmail.com
 CATEGORÍAS
 BÓTALLE UNHA OLLADA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

FRIAXE
Miña avoa sempre nos quiso. Tódolas fines de semana viña á nosa casa. Botaba dous días connosco que, para nós, eran días de festa. Miña avoa non tiña cartos. Cobraba unha pequena pensión que administraba mellor que calquera ministro de economía. Era o que lle quedara por estraga-los dedos metendo sardiñas nas latas dunha conserveira. A pesar diso, ás veces, facíanos algún agasallo. Cousas pequenas que compraba no mercadillo a carón da praza de abastos. Non sempre me gustaron aqueles obxetos. Eu aínda era novo e non sabía apreciar xestos dese tipo pero, mirando cara o pasado con ollos máis vellos, percátome da importancia que tiñan. Aquela ansia de miña avoa por agradar ós netos regalounos unha frase que xa ten sona na familia. Eu debería ter oito ou nove anos e carecía dunha bata que me poñer por riba da roupa de durmir. Así que tódolas fines de semana miña avoa dicía aquilo de “eiche comprar unha batiña”. E así foi, pasaron os días e mercóume unnha bata azul. E seguiron pasando os días e mercóume outra bata marrón. Non fora ser que o neto máis novo de Gumersinda anduvera pola casa con frío.
Comentarios (4) - Categoría: Relatos - Publicado o 18-11-2009 17:28
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
4 Comentario(s)
1 Con esta entradita te has ganado un vino, Vincent. Te l#blgtk08#o pago la semana que viene. Un abrazo.

Comentario por BLANCO (19-11-2009 13:17)
2 #blgtk08#
Comentario por liria (20-11-2009 18:01)
3
¡Qué pena...!
Ella no te puede leer,#blgtk08# se lo cntaré yo cuando note que me entiende.
Besos.
Comentario por liria (20-11-2009 18:05)
4 La mejor del mundo, la "super abuela", por sus nietos cualquier cosa. Esos fines de semana no los vamos a olvidar nunca. Eran días de sugus,#blgtk08# trompos, chistes y noches en vela con historias de la Santa Compaña. Cuando los recuerdo me viene olor a leche a la nariz. ¡VOTE SINDA!
Comentario por Sultán (21-11-2009 20:53)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free hit counter

hit counter


(Blog vigilado por gitanos. Non se admiten devolucións de bragas nin sostillos. Textos e imaxes © Copyright Fontenla. Se publicas texto ou fotos miñas, fai favor e cita a fonte e o enlace ó blog.)

EspaInfo: buscador de España