Fontenla


Juapo, juapo non é... pero ten un pelaso!

Non imos dar pistas
nino.fontenla@gmail.com
 CLAS CON CLAS
 CON CRITERIO
 A REMEXER
 PESQUISAR BLOGS GALEGOS
 O PASAMENTO
 ANTERIORES

PIROTECNIA
Aquela mañán despertámonos cun cheiro novo. O aire fedía a quentura e a gasoil. Non se falaba doutra cousa no pobo. Un barco estranxeiro encallara nas illas. Meu irmán e máis eu rematamos o almorzo e baixamos ata o colexio. Era o único que te permitían facer. Da casa ó colexio e do colexio á casa, coa única salvedade dos domingos, cando había que ir a misa. Eu nunca estiven dacordo con iso e notaba dentro de min o que os maiores chamaban rebeldía.

Aquel día a curiosidade era máis forte que a obriga así que collín a man de meu irmán e camiñei con el rumbo a Donón. Cada paso que daba aumentaba a miña curiosidade pero tamén o medo ás represalías da miña nai cando algunha veciña parloteira lle contara que o seu fillo non fora a clase ese día. Intentei quitarme da cabeza eses pensamentos con cada zancada. Afastar da miña testa o medo de quen sabe que está a facer algo mal. Camiñamos apurados durante un bo treito, subindo e baixando costas e apartando do noso camiño as silvas e fentos que poboaban as corredoiras. Conforme avanzabamos, o cheiro e o fume facíanse máis notables. Meu irmán seguíame como o fan os irmáns pequenos, sabedores de que a responsabilidade e o castigo sempre cae no lombo do maior. E camiñamos.

Chegamos a Cabo Home, a mellor atalaia para contemplar o espectáculo. Velaí estaba, o Polycomander. Ardendo e levantando faíscas. Desafiando o meu coñecemento de rapaz, ardendo na auga como se o lume non sucumbira ante a forza do mar. O fume espeso que mudaba de dirección co embite do vento. E as Illas Cíes que permenacían quedas, sen afastarse do lume, coma se non lle queimara. Pensei nas fogueiras de San Xoan e en poñerlle un barco enriba para o próximo ano. Meu irmán e máis eu sentámonos nuns penedos e ficamos alí todo o día, coa mirada meiga. Foron os meus primeiros fogos artificiais.

Disque (1) - Categoría: Relatos - Publicado o 22-10-2009 12:03
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Murmuro (s)
1 Te agradezco todo lo que nos has puesto por aqu#blgtk08#i porque me ha servido de reflexion profunda :)
Murmurado por Cursos en el extranjero (20-06-2011 12:53)
Deixa o teu murmuro
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Murmuro:
© by Abertal
(Blog vigilado por gitanos. Non se admiten devolucións de bragas nin sostillos. Textos e imaxes © Copyright Fontenla. Se publicas texto ou fotos miñas, fai favor e cita a fonte e o enlace ó blog.)

EspaInfo: buscador de España