Fontenla


Juapo, juapo non é... pero ten un pelaso!

Non imos dar pistas
nino.fontenla@gmail.com
 CLAS CON CLAS
 CON CRITERIO
 A REMEXER
 PESQUISAR BLOGS GALEGOS
 O PASAMENTO
 ANTERIORES

SE O MILLO FALARA...
Se o millo falara contaría aquela vez que atoparon un xabarín morto dun estacazo no padal.
Se o millo falara todos saberiamos a verdadeira historia da dentadura extraviada de señor Maximino.
Se o millo falara contaría como o Moreno agochou dous kilos de hachis entre os pendóns.
Se o millo falara saberiamos de certo o día en que Sabela perdeu o virgo.
Se o millo falara contaría as veces que o fillo de Xosé moveu os marcos das veigas.
Se o millo falara teriamos atopado o reloxo de ouro que don Manuel trouxo de Suiza e que aínda se está a pudrir na veiga de Friande.
Se o millo falara saberiamos o tempo que botou agochado o Servando mentras a Garda Civil enterraba as botas no eirado.
Se o millo falara Gumersindo sabería quen lle apañaba os melóns que el cultivaba con tanto coidado.
Se o millo falara saberiamos que a fermosa nena Consuelo tiña pelo nos pezóns.
Se o millo falara contaría o conto de cando don Anxo perdeu o alzacuellos.
Se o millo falara saberiamos onde está enterrada aquela cadela que lle comía as pombas ó veciño.

Disque (0) - Categoría: Relatos - Publicado o 15-09-2009 14:20
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu murmuro
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Murmuro:
© by Abertal
(Blog vigilado por gitanos. Non se admiten devolucións de bragas nin sostillos. Textos e imaxes © Copyright Fontenla. Se publicas texto ou fotos miñas, fai favor e cita a fonte e o enlace ó blog.)

EspaInfo: buscador de España