Fontenla


Juapo, juapo non é... pero ten un pelaso!

Non imos dar pistas
nino.fontenla@gmail.com
 CLAS CON CLAS
 CON CRITERIO
 A REMEXER
 PESQUISAR BLOGS GALEGOS
 O PASAMENTO
 ANTERIORES

ETERNO GAYOSO
Acendo o televisor. Zapeo polas ondas hertzianas madrileñas e atópome con Xosé Ramón Gayoso no Canal7. A miña TDT avariouse e, gracias a iso podo disfrtutar có showman por excelencia da Tele Gaita. Boto unha risada cáseque nostálxica. Velahí está, pegando o micro ó queixo rasurado e amosándonos o último vestixio de landismo made in GZ. O primeiro número musical que vexo é un grupo de beilladores chegados directamente de Portugal. ¿Ponte de Lima, Barcelos? Non podo precisar. Era tal a miña estupefacción que omitín certos datos máis ben anecdóticos. Tralos decibelios gaiteiros, Gayoso volta a inunda-la pantalla. Pide un aplauso e amósanos orgulloso un billete de cinco euros. ¿Que fará con iso?, penso. “Isto que ven aquí, queridos amigos e queridas amigas, é a nova moeda europea”. Quedo parbo e caio na conta. O Canal7 repón Luares de hai sete anos. E ahí está Gayoso, dobrado ó castelán por unha voz moza. E eu recóstome no meu sofá madrileño abafado coa calor da capital. O seguinte número non podía ser outro... Marlene Morreau.
Disque (2) - Categoría: Crónicas - Publicado o 22-07-2009 16:36
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Murmuro (s)
1 O Galloso e mundial,creo que o van poñer de presidente da xunta,#blgtk08#jjj
saudos,,
www.blogoteca.com/rebordondo
Murmurado por BENITO REBORDONDO (22-07-2009 21:12)
2 Sin cartos, pero marcho a Lisboa, a los orígenes del bacalao. Falcatruadas a esgaya, auguro. Y alguna que otra conachada. Qué malita está la cosa de los cartos, hostiapu#blgtk08#ta. Y bueno, primero a pasar por Málaga a ver a los papis y a guardar chanquetes en la cartera. Un abrazo, Vicente, también conocido como Ricardo Chorro, Ricardo Chorro.
Murmurado por CRISTÓBAL (01-08-2009 10:24)
Deixa o teu murmuro
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Murmuro:
© by Abertal
(Blog vigilado por gitanos. Non se admiten devolucións de bragas nin sostillos. Textos e imaxes © Copyright Fontenla. Se publicas texto ou fotos miñas, fai favor e cita a fonte e o enlace ó blog.)

EspaInfo: buscador de España