Fontenla


Juapo, juapo non é... pero ten un pelaso!

Non imos dar pistas
nino.fontenla@gmail.com
 CLAS CON CLAS
 CON CRITERIO
 A REMEXER
 PESQUISAR BLOGS GALEGOS
 O PASAMENTO
 ANTERIORES

“BÓTALLE UNHA CUNCA”
Os furanchos son moi comúns nas Rías Baixas. Basta dar unha volta polo Morrazo nas datas adecuadas para ollar carteis de madeira cunha póla de loureiro. Ese é o sinal. Se hai loureiro, é que haberá cunca ou carolino onde botar viño. Os furanchos fanse na casa, en galpóns, garaxes ou baixos onde se venden os excedentes da colleita do ano. E, para acompañar, prepárase algo de comer que pode ir dende tortillas e empanadas ata verdadeiras comilonas de cocido. As mesas son tablóns improvisados e os asientos poden ir dende cadeiras nobres ata caixas de cervexa ou cepos de carballo.

Os furanchos teñen moita sona. Neles non hai horario porque sempre se fai nunha casa particular. Iso provoca que a relación entre o dono e o cliente sexa de amizade ou, polo menos, de coñecerse de vista. A presión da Unión Europea e do sector hosteleiro, que veía nos furanchos unha merma de clientes, provocou que os de hoxe non sexan coma os de antes. Agora é preciso ter acondicionado servicios, accesos, cumprir coas normativas sanitarias e non se pode servir comida cociñada na casa. Demasiados cambios e demasiadas reformas para moitos viticultores que prefiriron, desta vez, non montar furancho.

Niso ía cavilando eu, cando me topei cunha agradable sorpresa. Camiñaba pola rúa, en Madrid. Mirei para arriba en busca dalgún piso en aluguer e reparei na estampa da foto. ¡Caghensendios! - pensei - ¿Haberá furancho? Ollei para un lado, para outro, pero nada, nin rastro. Caín na conta segundos mais tarde. Non era póla de loureiro, era árbore de nadal sintético. Quizáis, o ano que ven, teña mais sorte.

Nota: Adicado a Fernando Castilla. Na súa casa aínda montan furancho.
Disque (0) - Categoría: Crónicas - Publicado o 08-05-2009 11:22
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu murmuro
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Murmuro:
© by Abertal
(Blog vigilado por gitanos. Non se admiten devolucións de bragas nin sostillos. Textos e imaxes © Copyright Fontenla. Se publicas texto ou fotos miñas, fai favor e cita a fonte e o enlace ó blog.)

EspaInfo: buscador de España