Fontenla


Juapo, juapo non é... pero ten un pelaso!

Non imos dar pistas
nino.fontenla@gmail.com
 CLAS CON CLAS
 CON CRITERIO
 A REMEXER
 PESQUISAR BLOGS GALEGOS
 O PASAMENTO
 ANTERIORES

BENDITA AUGA
Botei uns días en Marsella. Foi a modo de visita, unha estadía curta por motivos de lecer. Paseei polas rúas con carteis en francés e matrículas amarelas. Andei coa calma de quen non ten nada que facer agás ollar arredor de sí. E mirei cousas que nunca mirara. Subín a Notre Dame de Garde e dende alí puiden contemplar as illas onde morou o Conde de Montecristo. Volvín a cidade, atestada de inmigrantes marroquís, os lexítimos donos de Marsella. Comprei souvenirs preto do porto mentras as nubes camiñaban paseniño, ameazando con choiva. E tal foi o que aconteceu. Caldeiros por riba dos marselleses e turistas que pelexaban por unha cornisa. Alí, non hai soportais, claro. A auga rebotaba no chan e mollaba os xeonllos dos que estabamos refuxiados agardando a que escampara. E tamén había valentes que corrían baixo a choiva sen medo a mollarse ou movidos pola certeza de que xa non se podían mollar mais. Foi unha hora e media de agua caendo do ceo sobre a segunda cidade mais populosa de Francia. Gustoume o sitio. Habia xa tempo que non miraba chover tanto.
Disque (0) - Categoría: Crónicas - Publicado o 22-04-2009 16:36
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu murmuro
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Murmuro:
© by Abertal
(Blog vigilado por gitanos. Non se admiten devolucións de bragas nin sostillos. Textos e imaxes © Copyright Fontenla. Se publicas texto ou fotos miñas, fai favor e cita a fonte e o enlace ó blog.)

EspaInfo: buscador de España