Fontenla


Juapo, juapo non é... pero ten un pelaso!

Non imos dar pistas
nino.fontenla@gmail.com
 CLAS CON CLAS
 CON CRITERIO
 A REMEXER
 PESQUISAR BLOGS GALEGOS
 O PASAMENTO
 ANTERIORES

ALEGATO
Imaxinádevos que un día vades andando pola rúa. A medida que os pasos roen a calzada escomezan a caer do ceo pingueiras illadas. Ó principio non chama a atención de ninguén. Semella que vai chover.

Pero cando a choiva embrabece mirades ó ceo, abraidos por mor da cor desas pingueiras. Está a chover en negro. O que fora unha simple poalla trocou nunha marea negra.

O pantasmal líquido comeza a cubrir toda a paisaxe sen deixar refuxio a ninguén en ningures. Chove petróleo. Tódolos seres vivos perden a súa alma transformándose en inertes anecos de simas. Está a chover morte.

Os percebes, as ameixas, as luras, as xoubas, os araos, os cormoráns, os carromeiros… e os homes. As bateas son cemiterios. As praias, os cons e as rochas perden a súa beleza. Agora son camposantos.

Todos somos responsables deste recuncho. Non podemos agardar sen facer nada a que nos toque de novo.
Disque (0) - Categoría: Verbas - Publicado o 04-12-2008 20:02
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu murmuro
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Murmuro:
© by Abertal
(Blog vigilado por gitanos. Non se admiten devolucións de bragas nin sostillos. Textos e imaxes © Copyright Fontenla. Se publicas texto ou fotos miñas, fai favor e cita a fonte e o enlace ó blog.)

EspaInfo: buscador de España