Fontenla


Juapo, juapo non é... pero ten un pelaso!

Non imos dar pistas
nino.fontenla@gmail.com
 CLAS CON CLAS
 CON CRITERIO
 A REMEXER
 PESQUISAR BLOGS GALEGOS
 O PASAMENTO
 ANTERIORES

A XENÉTICA DA MORTE
Da arrepío imaxinar a escea. Un home que hai tempo que vive so apareceu calcinado no galiñeiro da súa casa. Polo visto mantiña unha longa disputa con varios veciños. A típica discusión que vai medrando pola cabezonería da xente, pérdese o control e acaba en traxedia.

As galiñas molestaban co cheiro e os cacarexos ás casas máis próximas. Pero o home non se quería desfacer delas. Proporcionábanlle estrume, bos ovos e varios polos ó ano. Quen sabe o que lle pasou pola cabeza. Antes de ceder ante as presións vecinais prefiriu prender lume a todo e ó carallo.

Os mesmos que se queixaban do cheiro e o ruido chamaron ós bombeiros e á guardia civil. Comezaron as pesquisas e as declaracións acompañadas de mimadriñas e ¡que desgracia! Pero entre tanto laio valeiro houbo un home que tirou de arquivo parroquial. Este home morreu queimado porque tiña que morrer queimado. Seu pai morreu cando intentaba arranxar un forno e a súa bisavoa foi queimada na fogueira por bruxa. Coa xenética da morte non hai quen poida, isto é xenético.
Disque (0) - Categoría: Crónicas - Publicado o 04-10-2008 14:42
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu murmuro
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Murmuro:
© by Abertal
(Blog vigilado por gitanos. Non se admiten devolucións de bragas nin sostillos. Textos e imaxes © Copyright Fontenla. Se publicas texto ou fotos miñas, fai favor e cita a fonte e o enlace ó blog.)

EspaInfo: buscador de España