Fontenla


Juapo, juapo non é... pero ten un pelaso!

Non imos dar pistas
nino.fontenla@gmail.com
 CLAS CON CLAS
 CON CRITERIO
 A REMEXER
 PESQUISAR BLOGS GALEGOS
 O PASAMENTO
 ANTERIORES

TEMPO DE SARDIÑAS
Cando chega o verán a sardiña ten máis grasa e aviva os carozos como se foran latigazos de petróleo. Cun bo viño de barrantes dos que emborran a cunca, as sardiñas suben de categoría e trocan de peixe de pobre a se-las raíñas do verán. Meu avó sempre se queixa do prezo. A culpa é dos jodechinchos que desde que chegan todo está máis caro. En vez de ir ós restaurantes levan a comida para a praia. E claro, así non hai xeito. Despois de apreciar a sardiña en varios postos e queixarse tantas veces como peixeiras hai, marcha da praza.

O asadeiro que ten meu avó é unha pedra emborrada cunha rexa enriba. Fai o lume cós carozos e mentras hai labarada fuma un pitillo. Cando o lume escomeza a amainar, pon a rexa enriba para matar os microbios. Entón, berra cara a fiestra da cociña e miña avoa sae coa fonte chea de sardiñas frescas, allo e pirixel. As que son do xeito teñen menos espiñas e son máis sabrosas. Meu avó coloca o peixe na grella, esparce os carozos lumeantes e comenza o espéctaculo. As sardiñas laianse ó calor das brasas e o arrecendo e o fume espárcense ó chou do vento. Cheira a verán. Cando toca darlle a volta meu avó só emprega dous dedos cargados de forza, anos e sabiduría. Os mesmos dous dedos cos que suxeita o próximo pitillo. E xa está. Ás veces queimánselle. Sobre todo cando estou canda el a escoitalo, pasa o tempo, acaba o pitillo e segue a falar sen reparar nos pobres peixes que xa arriaron todo o zume que tiñan. Queimadas ou non, para min son as máis sabrosas porque as asa meu avó. Non hai outro grelleiro coma el.
Disque (1) - Categoría: Crónicas - Publicado o 28-06-2008 14:50
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Murmuro (s)
1 Anda que no disfrutaria degustando ahora mismo unas buenas s#blgtk08#ardinas a la plancha, pero por desgracia, ahora no es epoca
Murmurado por Hoteles Madrid (15-02-2011 21:59)
Deixa o teu murmuro
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Murmuro:
© by Abertal
(Blog vigilado por gitanos. Non se admiten devolucións de bragas nin sostillos. Textos e imaxes © Copyright Fontenla. Se publicas texto ou fotos miñas, fai favor e cita a fonte e o enlace ó blog.)

EspaInfo: buscador de España