Fontenla


Juapo, juapo non é... pero ten un pelaso!

Non imos dar pistas
nino.fontenla@gmail.com
 CLAS CON CLAS
 CON CRITERIO
 A REMEXER
 PESQUISAR BLOGS GALEGOS
 O PASAMENTO
 ANTERIORES

PAUL AUSTER
Esta noite soñei con Paul Auster. Deume as gracias por regalarlle un libro de Paul Auster en San Sebastián. Está ben escrito, díxome. Non foi idea miña, contestei. Foi cousa de todos no traballo. A próxima vez dareiche como agasallo un libro de Blanco Amor ou de Neira Vilas. Xa verás que ben escriben. Por certo, ¿quen pensas que é mellor actor, Harvey Keitel ou Tommy Lee Jones? Non sei, díxome. E marchou do meu sono sen despexar tal dúbida. Mirei o reloxo no pulso, as catro da madrugada. Carai, pensei, este foi un sono de categoría, heino poñer no meu curriculum. Volvín durmir, tanta literatura deixoume baldado.
Disque (1) - Categoría: Relatos - Publicado o 02-06-2008 13:53
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Murmuro (s)
1 He visto varias obras suyas por la calle y la verdad, me han gu#blgtk08#stado bastante, asi que a ver si nos podeis poner mas por aqui.
Murmurado por Hoteles Madrid (15-02-2011 22:12)
Deixa o teu murmuro
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Murmuro:
© by Abertal
(Blog vigilado por gitanos. Non se admiten devolucións de bragas nin sostillos. Textos e imaxes © Copyright Fontenla. Se publicas texto ou fotos miñas, fai favor e cita a fonte e o enlace ó blog.)

EspaInfo: buscador de España