Fontenla


Juapo, juapo non é... pero ten un pelaso!

Non imos dar pistas
nino.fontenla@gmail.com
 CLAS CON CLAS
 CON CRITERIO
 A REMEXER
 PESQUISAR BLOGS GALEGOS
 O PASAMENTO
 ANTERIORES

A COMER GAÑAMOS NÓS
- Non hai como o noso, Muchiña.
- Xa che digo eu.
- O peixe, da ría e se non, de Gran Sol.
- Que razón tes, o de fóra non sirve. Todo é fango e non ten sabor.
- As sardiñas, do xeito.
- E que non estean molidas.
- As mazáns, da miña maceira.
- E os pesegos, do meu pesegueiro.
- Sonche lamar de dulciños. Desfanse na boca.
- ¿E os tomates?
- Teño uns que pasan do kilo.
- ¿E as butefas?
- Hai unha vintureira que a tivemos que apañar entre dous e con carretilla. Eiche dar un anaco se queres.
- Claro que quero que así fágo unhas chuliñas.
- Que boas están!
- E engólense de seu.
- A verdá e que fame non pasamos.
- Habendo pra facer unha empanada.
- De rincha, de croques, de maruca...
- Ata de xurelo, se queres.
- Cun bo rustido e fariña do forno xa tes pra unha comida sabrosa.
- E unha fecha de viño.
- Darrente a parede.
- Pero comendo algo pra que non sente mal.
- A mín nunca me fixo.
- Porque ti tes corpo.
- E ti tes saque.
- Non hai como o noso, Muchiña.
- Xa che digo eu.
Disque (1) - Categoría: Crónicas - Publicado o 30-09-2011 12:08
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Murmuro (s)
1 Pues la verdad que teneis razon en el razon#blgtk08#amiento que nos habeis dejado por aqui jeje
Murmurado por Musica (28-01-2012 23:41)
Deixa o teu murmuro
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Murmuro:
© by Abertal
(Blog vigilado por gitanos. Non se admiten devolucións de bragas nin sostillos. Textos e imaxes © Copyright Fontenla. Se publicas texto ou fotos miñas, fai favor e cita a fonte e o enlace ó blog.)

EspaInfo: buscador de España