Folkeando, por Olga Brañas


Espazo adicado á crítica relacionada co folk galego, música tamén de outros xéneros, artes plásticas, etc.: á cultura galega en xeral
Concertos, discos, grupos, artistas... esta é unha plataforma para publicar o meu traballo relacionado con este campo.

O meu perfil
folkeando
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

JORGE PARDO - Historias de Radha y Krishna

O 15 de xullo de 1014 Jorge Pardo sacaba, con Fol Música, o seu “Historias de Radha y Krishna”. Jorge Pardo, frautista, saxofonista e compositor de primeira categoría (que ademais foi galardoado do premio Best European Jazz Musician en 2013), neste traballo xoga co jazz e co flamenco sobre grooves, con hip-hop, bases electrónicas e demais ambientacións.
Podería comentar o que inspirou a Jorge para compoñer estas pezas -os escritos de Chandiasa- ou o abanico de colaboradores excepcionais que participan, como Raimundo Amador ou Josemi Carmona, mais direi que, ante todo, é un disco que non funciona.
A pesar de que a produción, o deseño, a ilustración -www.elninodelaspinturas.es-, as fotografías e a maquetación son impecables, Jorge afástase, ao meu parecer, demasiado de todo o que a gran parte do público nos gustaba del até agora. É a experimentación levada ás súas últimas consecuencias, até o punto no que non sei se estou escoitando música deste grande músico ou chill out demasiado rítmico mercado nunha das edicións que venden na Teletienda co título xenérico de “Música para hacer el amor”.
Percibo unha obra demasiado densa, pouco clara, no que non hai lugar para eses deleites minimalistas que Jorge nos agasallaba antes disto.
Aplaudo a idea e o fío conceptual deste disco, e aplaudo tamén o ben tocado que está tanto por parte do autor como dos colaboradores e colaboradoras, pero agardo que Jorge volva ao regho, e que o faga canto antes.
“Solemos ver el amor o el enamoramiento como un desajuste de la realidad común y al enamorado como un loco, feliz... pero loco. Sin embargo esa fiebre y su visión, son tan reales como esa realidad común para quien la goza y si no rehuyes de esa sensación, se realimenta el amor y fluye natural en tus acciones y pensamientos elevando tu consciencia, lo que se traduce en un mayor goce de la vida en este planeta”.
Comentarios (0) - Categoría: Disco - Publicado o 30-05-2015 17:53
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Olga Brañas