Folkeando, por Olga Brañas


Espazo adicado á crítica relacionada co folk galego, música tamén de outros xéneros, artes plásticas, etc.: á cultura galega en xeral
Concertos, discos, grupos, artistas... esta é unha plataforma para publicar o meu traballo relacionado con este campo.

O meu perfil
folkeando
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Loretta Martin - Despois da Mandinga

Este grupo, cuxo disco saiu no pasado ano 2012, está formado por Brais Morán, Fran Sanz e Miguel Cabana.
A primeira vista, sobre o estilo musical diría que baila entre o funky e o rock, con partes que incluso se poden achegar ao heavy metal; mais o curioso é que segundo nun mesmo tema poden empregar idiomas diferentes (inglés, galego, castelán, portugués), igualmente as diversas linguaxes musicais forman un texido compacto, cun empaste dos músicos nos cambios envexable. E é que son estas variadas dinámicas as que manteñen a atención na escoita. Tamén o cantante e guitarrista, Brais Morán, axuda coas mudanzas de rexistros na modulación da súa voz a non caermos no tedio.
Se tivese que definilo nunha palabra -e, de feito, ídesme permitir dúas- serían forza e enerxía. Mais... ollo (!) Non é apto para os ouvintes que só gosten da música relaxada, dos concertos acústicos e da ausencia dunha batería moi presente.
“Não me doe a cabeça se dou contigo nalgúm lugar, longe da discoteca sem melodía posso voar”.
Comentarios (1) - Categoría: Disco - Publicado o 15-02-2013 02:51
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Olga Brañas