Folkeando, por Olga Brañas


Espazo adicado á crítica relacionada co folk galego, música tamén de outros xéneros, artes plásticas, etc.: á cultura galega en xeral
Concertos, discos, grupos, artistas... esta é unha plataforma para publicar o meu traballo relacionado con este campo.

O meu perfil
folkeando
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

SERGIO TANNUS - Son Brasilego

Quentiño quentiño, recén saidiño do forno, está nas miñas mans o disco “Son Brasilego” de Sergio Tannus... e queima! En canto lle din ao play, sumerxinme nuns ambientes de diversión e diversidade, de melancolía, e, sobre todo, de paixón. Con este título, refrexo dun sentimento, Tannus pretende tender unha ponte ás similitudes e, tamén, bonitas e enriquecedoras diferencias que hai entre estas dúas culturas.
Cos seus deliciosos acompañantes, Serginho Sales (que nos amosa un piano cheo de encanto) e Paulo Silva (que proba que un percusionista pode posuír a máis cálida delicadeza) parés que non lle chegaba, e despois dunhas cantas chamadas telefónicas axudado, ben é certo, da competente Inés Portela conseguiu reunir a outros máis de 40 colaboradores. O resultado, como non podía ser menos, é impresionante: rico, variado, cheo de forza, ben traballado, e cunhas composicións, letras, arranxos e son que merecen a calificación de 10 sobre 10. E cando algo é inmellorable, unha quédase sen palabras e non ten outra cousa que dicir, agás que ás veces non nos damos conta do que temos na terra... si, na terra, pois Sergio ten o corazón tan brasileiro como galego.
Non podería falar das colaboracións, pois absolutamente todas terían que comentar o ben feitas e escollidas que están. Tampouco dos temas, pois os enérxicos fan que bailemos até sentados e os lentos que subamos a unha dimensión mística, acadando con creces o seu obxectivo.
Inda estades a tempo (por pouco!) de facer a vosa doazón para este fermoso proxecto en Verkami.com con agasallo a cambio, que na música é todo xenerosidade.
“Se talento agora é pecado, eu sou un assumido pecador; vou formar um bloco com o diabo, ele no pandeiro, Cristo no tambor […] Se para voçé quem é artista tem que aparecer na televisão, cave na tua cova, chegou o teu fim; nunca confunda a Madonna con Jobim; talento é nato, não se compra não. Beethoven já pensava assim. Beethoven já pensaba assim”.
Comentarios (0) - Categoría: Disco - Publicado o 13-12-2012 16:47
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Olga Brañas