Folkeando, por Olga Brañas


Espazo adicado á crítica relacionada co folk galego, música tamén de outros xéneros, artes plásticas, etc.: á cultura galega en xeral
Concertos, discos, grupos, artistas... esta é unha plataforma para publicar o meu traballo relacionado con este campo.

O meu perfil
folkeando
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

NORÓ - XABIER DÍAZ & ADUFEIRAS DE SALITRE

Noró (Músicas de Salitre, 2017) é a segunda entrega de Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre.
Como no anterior traballo, as voces e as percusións son as grandes protagonistas, e os arranxos instrumentais (acordeón, violín e zanfona) camiñan entre sons con cheiro tribalista nalgúns temas e máis tonais noutros. Tamén neste traballo combinan temas de Xabier coas adufeiras con algunha peza na que só cantan elas.
Sempre considerei que Xabier era un grande construtor de voces, e hai xiros preciosos nas liñas das adufeiras cando o acompañan que así o amosan, como na fermosa peza “Voa o Aire”.
É un disco agradable de escoitar e de cantar, e non rompe coa liña do anterior traballo.
Parabéns a Xabier, ás adufeiras, a Guti e a Javier Álvarez.
“Teño ouro, teño prata, teño calderilla e cobre. De todo estou abundante, só de amores que estou pobre”.

Comentarios (0) - Categoría: Disco - Publicado o 04-10-2018 22:39
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Olga Brañas