Folkeando, por Olga Brañas


Espazo adicado á crítica relacionada co folk galego, música tamén de outros xéneros, artes plásticas, etc.: á cultura galega en xeral
Concertos, discos, grupos, artistas... esta é unha plataforma para publicar o meu traballo relacionado con este campo.

O meu perfil
folkeando
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

LIVRES E LOUCAS - HABELAS HAINAS

Por fin as Habelas Hainas sacan o seu primeiro disco!
Aínda que é verdade que as Habelas son un grupo de rúa, de directo, as fans agradecémoslles este disco, polas letras, pola reivindicación (Habelas: referentes), polo respecto que amosan ante a nosa tradición.
Habelas Hainas son: Aratnza Alfaia (percusión), Patricia Gamallo (percusións, guitarra e gaita), Jara Ortiz (voz e percusións) e Sandra Tamayo (acordeón e percusións).
Fíxome moita gracia a letra da peza “Media Calada”, que mestura coplas tradicionais coa descrición dunha noite en Compostela para as amantes das foliadas. E a peza “Salvadoras”, co saxo de Pablo Dalama, paréceme unha auténtica marabilla. Recoñezo que quizais teña que ver o seareira que son da voz tan persoal de Jara, que nesta peza me pon os pelos de punta.
O único que poden facer as Habelas é seguir así de ben, con esa salubridade en todo o que fan.
Avante, compañeiras!
“Ela estaba coas amigas, recibiu unha mensaxe, hoxe á noite na de Moha, hai foliada, viva o Calpe!”.

Comentarios (0) - Categoría: Disco - Publicado o 19-01-2019 17:13
# Ligazón permanente a este artigo
VOL III - VUDÚ

Vudú é o disco das grandes Maritxinha (baixo eléctrico) e Belém Tajes (teclados e voz).
Xuntas reinventan a nosa tradición, bebendo do soul, funky, etc.
Collen as nosas coplas populares e referencias melódicas (non en todos os casos, xa que crean moitísimo material novo) para construír un universo paralelo.
De Maritxinha só podo dicir o mellor que se lle pode dicir a unha baixista: que ten “rollazo”. Ten groove, e nos escenarios a súa presenza enche. De Belém destaco a súa valentía: polo xeral a súa voz atópase cómoda nunha tesitura media, ou media-aguda, sen embargo para ela o cante é un xogo constante, atrévese a ampliar, baixar a notas gravísimas, facer scat e todo o que se lle pase pola cabeza.
Vudú é un proxecto que, na miña opinión, paga moito a pena escoitar. Pola ousadía, pola sincronía entre as líderes e polo seu savoir faire.
Parabéns, mulleres talentosas!
“Xa me dixo meu pai que te saque a bailar, e no medio do baile que te deixe quedar”.
Comentarios (0) - Categoría: Disco - Publicado o 19-01-2019 16:43
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Olga Brañas