Folkeando, por Olga Brañas


Espazo adicado á crítica relacionada co folk galego, música tamén de outros xéneros, artes plásticas, etc.: á cultura galega en xeral
Concertos, discos, grupos, artistas... esta é unha plataforma para publicar o meu traballo relacionado con este campo.

O meu perfil
folkeando
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

EJAZZ CON JOTA- Carmen París & Greg Hopkins Concert Jazz Orchestra

Ejazz con Jota, editado por Fol Música, ven de gañar o Premio Nacional de Músicas Actuais, e non me estraña nadiña.
Dende a primeira nota o que escoitamos é sorprendente, dende o preludio instrumental da Greg Hopkins Concert Jazz Orchestra de Boston até a entrada de Carmen París cantando, ollo, en inglés! Idioma que combinará ao longo do disco co castelán. Ademais esgotouse a primeira tirada do disco e esta nova é a edición internacional, onde poderedes atopar toda a información traducida ao inglés.
Así e todo, non é que agora Carmen mudara de estilo. O que mudou é de envoltura: sublime, embriagadora, coa orquestración de Gordon Au. Se a iso lle unimos a voz limpa, potente e jotera de Carmen París, o resultado é magnífico.
Atopámonos ante un disco cun millóns de matices, onde toda a densidade instrumental é compensada coas melodías agradables e de pura raíz -non só recoñecibles en forma de xota, tamén con arranxos latinos ou coa introdución de anacos tradicionais- e executadas cunha afinación perfecta, chegando a un disco con moita harmonía e equilibrio. Nun mesmo tema poderemos escoitar diferentes ambientes, viaxando por paisaxes ben contrastadas.
E é que o xurado do Premio Nacional de Músicas Actuais xa destacou o poder deste traballo no que “se eleva a xota a un nivel internacional”.
“Cuando yo subí al alto Pirineo soñé que la nieve ardía y por soñar lo imposible, caballero, yo creí que me querías”.
Comentarios (0) - Categoría: Disco - Publicado o 13-01-2015 21:59
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Olga Brañas