Folkeando, por Olga Brañas


Espazo adicado á crítica relacionada co folk galego, música tamén de outros xéneros, artes plásticas, etc.: á cultura galega en xeral
Concertos, discos, grupos, artistas... esta é unha plataforma para publicar o meu traballo relacionado con este campo.

O meu perfil
folkeando
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

LOBOS - DAVIDE SALVADO

Davide Salvado é a día de hoxe unha das mellores voces do país: coas súas raíces artísticas ben ancoradas na tradición, sacaba o pasado ano o seu segundo traballo, Lobos, producido polo acordeonista Pedro Pascual e editado por Fol Música.
Arranxado por Santi Cribeiro e Pedro Pascual, no traballo acompañan a Davide colaboradores como Manuel Paino, Cristian Silva, Quim Farinha, Fred Martins, Kin García, Miguel Hiroshi, LAR Legido ou Pablo Dalama.
Lobos, no que se mencionan estes animais en varias pezas, é un disco ben interesante musicalmente, cunha gama de paisaxes sonoras moi seductoras que van dende as pezas máis jazzísticas como Gora (que foi o único arranxo que non me rematou de convencer, aínda que ben é certo que en cada escoita entra mellor) a outras con unicamente voz e percusión como Só; e cunha presentación impecable, no que se combinan un deseño nada ostentoso e as preciosas fotografías a cargo de Vítor Nieves.
Se aceptades un consello, no caso de que teñades un coche cun bo equipo de son, é un disco para escoitar en bucle e, se vos atrevedes, a cantalo enteiro nas vosas viaxes.
Parabéns a Davide e ao equipo que o acompañou nesta andaina.
“Eres amigo mío de los que quiero, cásate con mi amante si yo me muero; cuando la zorra viene llena de arena, señal que andado el lobo con ella”.

Comentarios (0) - Categoría: Disco - Publicado o 30-03-2016 12:23
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario (se queres)
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Olga Brañas