Folkeando, por Olga Brañas


Espazo adicado á crítica relacionada co folk galego, música tamén de outros xéneros, artes plásticas, etc.: á cultura galega en xeral
Concertos, discos, grupos, artistas... esta é unha plataforma para publicar o meu traballo relacionado con este campo.

O meu perfil
folkeando
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

THE TAMBOURINE MAN - XABIER DÍAZ E ADUFEIRAS DE SALITRE

Xabier Díaz e a grande traxectoria que leva nas costas acompañáronse das Adufeiras de Salitre (as súas alumnas de canto e percusión coas que fixo un traballo longo e laborioso) para sacar este “The Tambourine Man”. Ademais, conta cos irmáns Álvarez (Gutier e Javier, violino e acordeón) para rematar de dar a este disco unha sonoridade que sabe a terra.
Entre as colaboracións están Xosé Manuel Budiño ou Kepa Junkera, e o curioso é que ata hai colaboracións só para facer os aturuxos, pois como o mesmo Xabier dixo, este disco supón un renacer, volve ás orixes despois de ternos deixado unha das obras mestras da música galega como foi “Coplas para Icía”. E como disque as comparacións son odiosas, este “The Tambourine Man” tamén é ben bonito, pero cun concepto que dista bastante do seu último traballo.
Ademais, encargáronse de envolver este agasallo o grande Juan Luís Rúa Prieto (o “fotógrafo oficial” dos músicos galegos) e a elegante Nébeda Piñeiro no deseño e maquetación, ambos talentos de primeira categoría.
Aínda que esperaba que a presencia das Adufeiras coprotagonistas fose maior, penso que este disco é pouco menos que redondo –valga a redundancia-, e dá gusto ver como o país enteiro se enche de talento e saca traballos coma este, con tanta forza e bo facer.
“Esa que de min marmura, que mire para a súa casa; cando na miña fumea, na dela queima que abrasa”.
Comentarios (0) - Categoría: Disco - Publicado o 17-02-2016 22:37
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario (se queres)
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Olga Brañas