Folkeando, por Olga Brañas


Espazo adicado á crítica relacionada co folk galego, música tamén de outros xéneros, artes plásticas, etc.: á cultura galega en xeral
Concertos, discos, grupos, artistas... esta é unha plataforma para publicar o meu traballo relacionado con este campo.

O meu perfil
folkeando
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Fredi Leis

Esta é a primeira, única e, quizais, última vez que falo dun traballo non editado. Non considerei nunca xusto facer crítica dunha maqueta -que adoito facer máis como noticia- e moito menos de algo somentes subido a internet.
Pero teño que falarvos de Fredi Leis. Falar dun rapaz que, a pesar de facer música de cantautor da que non son moi seguidora, me conquistou dende o primeiro momento no que escoitei a primeira tecla do seu piano e que rematou de namorarme cando as súas cordas vocais pronunciaron as primeiras frases. Con tal gusto, tal personalidade, tal expresividade, tal garra e tal docura ao mesmo tempo que simplemente sentín felicidade por ter semellante talento na terra onde vivo.
Sendo xa seguidora dos temas que escoitei en SoundCloud (https://soundcloud.com/fredi-leis, onde recomendo o tema Naked Inspiration), nos que pechaba os ollos e non atendía a nada máis que aos matices preciosos de cada nota, onte vin a súa actuación como telonero de Marwan no Sónar. A min púxome a pel de galiña, e o resto de público, segundo puiden escoitar, estaba tan anonadado coa descuberta deste rapaz coma min aquela primeira vez que o escoitei.
Paga a pena que o escoitedes, de veras. Sorte a Fredi Leis e a súa desbordadora maxia.
Naked Inspiration
Comentarios (1) - Categoría: Outros - Publicado o 05-10-2013 21:04
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Eu opino o mesmo, Olga. Moi orgullosa de ter semellante talento na nosa terra. Eu fun unha desas "anonadadas" do público das que falas, e podría telo escoitado toda a noite porque#blgtk08# media houra soubo a pouco.
A sensación de que se che poña a pel de galiña nun concerto e un nudo na gorxa non ocorre sempre.
A seguir adiante ca boa música! :-)
Comentario por Isa Cedeira (07-10-2013 17:18)
Deixa o teu comentario (se queres)
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Olga Brañas