Sorpresa! Non busquedes, está todo borrado. Como di o título, chegou o momento de dicir adeus.
Cal fita carmesí bota o peche.
O certo é que a idea de rematar ronda dende hai tempo pola miña cabeza, pero sempre pensaba o moito que ía botar de menos escribir aquí as miñas tonterías de tódolos días.
Se me decidín, foi porque é o momento de dar un cambio na miña vida, de medrar. E creo que pechar isto é importante para iso.
A outra razón, e a máis importante, para pechar isto, é que o que máis me gusta é escribir estes textos na miña cabeza. Paso a semana dándolles voltas, retorcendo as palabras, intentando crear algo que exprese o que sinto. Despois o que escribo non se parece nunca ó que pensei. Pero boto de menos escribir, escribir historias. Fai case un ano que escribín o último relato. O único que sae agora dos meus dedos son pequenos poemas, unha especie de haikus melancólicos en días solitarios.
A dirección de correo fitacarmesi@hotmail.com seguirá aberta, para calquera cousa que precisedes. Paula, non quero deixar de saber de ti, así que como xa tes a miña dirección de correo, espero que me contes todo o que che apeteza!
Voume tranquila, porque a promoción que lle fago a Barato sempre é boca a boca e ademais agora podemos dicir que xa nin a precisa, co rápido que se está enchendo o seu currículum de traballos!
Por último, dicir un par de cousas que aprendín ou que me parece importante lembrar:
1- Galiza é única e o galego unha lingua fermosa que non merece que a esquezamos, pois fai que sexamos quen somos.
2- Unha colonoscopia a tempo pode salvarche a vida.
3- O importante son as persoas que queres e te queren.
4- Aung San Suu Kyi leva case dúas décadas baixo arresto domiciliario por ser unha gran muller.
Foi divertido todo isto!
Que sexades moi felices! Ata a próxima! |