|
|
|
|
| Laberinto, Robert Morris. |
|
 Robert Morris é un dos referentes máis claros da arte contemporánea. Realizou un laberinto circular, de dous metros de alto, de granito do lugar, coronado por unha cuberta de pizarra negra, e co chan cuberto por grava de granito, rodeado de eucaliptos, nunha xunqueira desta illa. Un espacio para perderse, para evocar o pasado, e para pensar en tódolos laberintos da vida. |
|
|
|
|
| A Illa das Esculturas, o proxecto. |
|
 O proxecto da illa das esculturas é o primeiro que se realiza en España como unha permanente transformacíón dunha paisaxe real a través da arte actual. Doce artistas foron os invitados a realizar proxectos na illa, e cada un deles ideou unha obra que se interrelaciona coa paisaxe, coa historia do lugar, coa tradición da pedra, e moi especialmente coa esencia do home e a súa relación coa natureza.
http://www.isladesculturas.com/page4.html |
|
|
|
|
| A Illa das Esculturas, Pontevedra. |
|
 Un paraíso á beira do Lérez.
Mais un paraíso esquecido...
Poñamos fin á cegueira cultural, ergamos o fouciño pra romper as vendas que nos negan o sol, non permitamos que algo tan grande quede no esquecemento, menos aínda, na ignorancia.
A loita está viva.
A arte está na rúa. |
|
|
|
|