O avisador filintista


páxina que corrixe solecismos en galego
Nesta páxina, principalmente, íamos falar da proprietas do galego, na liña enxebrista de pureza que marcara Filinto Elisio no século XVIII na lingua portuguesa. Pero as correntes da vida estanos a levar por outros rumbos. Así que haberá de todo.
Toda corrección a prol da pureza do idioma é benvida.


Este sítio apoia a iniciativa da Plataforma para a Recepçom das Televisões e Rádios Portuguesas na Galiza
Apoiamos a Isaac Díaz Pardo
Ciberirmandade da Fala
RelojesWeb para Pisos!

El Tiempo en Vigo - Predicción a 7 días y condiciones actuales.



Traduce co Universal dictionary









O meu perfil
xiaoroel@mundo-r.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 PERCURAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Elytis e Valéry en Bivir
Veño de publicar senllas traducións de Valéry (O cimiterio mareiro) e de Elytis (O monograma) en Bivir, a biblioteca virtual da Asociación de Tradutores en Lingua Galega.

http://www.bivir.com/index.htm
Comentarios (8) - Categoría: Traducións ao galego - Publicado o 21-01-2008 15:56
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
As repúblicas da Federación Rusa
Atopei por aí este dato e transcribino ao galego, por se a algué lle serve.

Baxkiria cap. Ufá
Buratia, cap. Ulán Udé
Checheno-Inguxetia, cap. Grozni
Chuvaxia, cap. Chebobskari
Daguestán, cap. Makhachkalá
Kabardino-Balkaria, cap. Nalchik
Kalmikia1, cap. Elitsa
Karelia, cap. Petrozavodsk
Komi, cap. Siktivkar
República dos Mari, cap. Ioxkar Olá
Mordovia, cap. Saransk
Osetia do Norte, cap. Vladikavkaz
Tatarstán, cap. Kazán
Tuvá, cap. Kizil
Udmurtia, cap. Izhvesk
Iakutia, cap. Iakutsk
Comentarios (1) - Categoría: Traducións ao galego - Publicado o 16-01-2008 03:37
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Un foro interesante e respeitoso
Desde hai uns días adoito intervir nun foro sobre iberismo, tema que como anarquista sempre me apaixonou e que considero que podería servir para artellar os pobos e nacións da península nun proxecto común entre iguais.

O ton da conversación respeitoso e entusiasmado, a libertade lingüística, a ausencia de trolls, e o entusiasmo que se respira, co valor engadido de poder ler artur-leonés e aragonés, que pouco se ven, convidoume a ficar e debater.

Invítovos a que deades unha volta polo foro, e polo portal. Pasaredes un bo rato e podedes participar en discusións non habituais e de sumo interés, pola procedencia dispar dos forenses.

A ligazón:
http://unioniberica.forogeneral.es/foro/portal.php
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 15-01-2008 23:46
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Foro Negro, Arredemo, Apoio a Díaz Castro
PARTICIPA NO FORO NEGRO
A necesidade de gobernar o descontento


SÁBADO 19 DE XANEIRO
INSTITUTO GALEGO DE INFORMACIÓN (IGI)
Santiago de Compostela

O vindeiro sábado 19 de Xaneiro a Rede de Acción Socio-Cultural Arredemo presenta a nova xeira do portal www.arredemo.info no Instituto Galego de Información (IGI) a poucos días do afastamento definitivo de Isaac Díaz Pardo da dirección do grupo Sargadelos. No contexto desta agresión, reábrese o Foro Negro como punto de encontro, reflexión, debate e denuncia das outras tantas agresións que estamos a padecer no social, no ambiental, no político e no cultural.

No mesmo día presentarase o número cero do Xornal Galicia como reflexión colectiva e análise da situación social e cultural do país, que servirá como documento base do foro e iniciativa de apoio a Isaac aderida ao manifesto que vai servir de base da campaña social.

Desde Arredemo e desde a Burla Negra chamámoste a formar parte da construción da rede de comunicación e distribución social coa que xa compartimos aventuras, despistes e fracasos, e algún que outro éxito en experiencias como Hai que Botalos.

Queremos contar contigo e con toda a túa experiencia para sumar forzas na construción dunha rede capaz de proporse accións á altura das esixencias do momento, seguros como estamos de que cando traballamos xuntos nos sentimos menos sós e acadamos mellores resultados.

Porque cando as cousas se sinten e o compromiso é sincero e libre as nosas accións resultan máis divertidas e os obxectivos a acadar semellan máis próximos.

O sábado 19 chocámonos as mans no edificio do IGI. Non faltedes.

Confirma a túa asistencia ou a do teu colectivo en
foronegro@arredemo.info

+info

Axúdanos a difundir esta convocatoria
Comentarios (0) - Categoría: Lingua, territorio, antifascismo,antiglobalización - Publicado o 15-01-2008 14:55
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Nova campaña da Ciberirmandade
O mundo empresarial é un dos eidos nos que tradicionalmente houbo máis reticencias para unha incorporación normal do galego. Movidas por prexuízos culturais foron demasiadas as empresas que, malia estar totalmente galeguizadas no seu desenvolvemento interno, vendían os seus produtos ou ofrecían os seus servizos en idioma alleo.

Pero xa desde principios dos anos oitenta houbo importantes empresas que optaron por incorporar con normalidade o uso do galego, sendo hoxe en día cada vez máis habitual a presenza da lingua propia de Galiza no eido empresarial.

Porén, a Confederación de Empresarios de Pontevedra semella permanecer ancorada no pasado, inmóbil no seu rexeitamento ao uso do galego. E isto malia que a súa matriz, a Confederación de Empresarios de Galiza, se declara "en sintonía coa sensibilización lingüística presente na sociedade", e asegura que "asumiu o reto de apostar decididamente polo uso e extensión do galego, pilotando un proxecto de dinamización lingüística enfocado ao ámbito empresarial".

Desde a Ciberirmandade da Fala queremos darlle aínda máis motivosSegue a ler á CEP para que mude a súa actitude, e faga do galego a lingua de seu. Envíalle un correo desde aquí .
Comentarios (2) - Categoría: Lingua, territorio, antifascismo,antiglobalización - Publicado o 14-01-2008 15:51
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
MORTE 2

O segundo painel de MORTE.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 30-12-2007 20:23
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
MORTE 1

O primeiro painel de MORTE
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 30-12-2007 20:23
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
VIDA 2

O segundo painel de VIDA
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 30-12-2007 20:22
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
VIDA 1

Unha das últimas obras de Quessada foi o mural contra Reganosa. Un mural dividido entre a VIDA (os paneis en tons azuis) e a MORTE (con negros e vermellos). A vida da ría de Ferrol ou a súa morte.

Aquí vai o primeiro painel dos dous da VIDA.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 30-12-2007 20:21
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Morreu Quessada
Que a terra lle sexa leve. Con nós fica a súa obra a prol da liberdade do home.

Pareceume ben a homenaxe que no Foro de Arroutada lle fai DJBive. Tamén eu vou ligar aquí para "A morte saiu à rua" do Zeca, en directo no Colisseum de Lisboa, no seu último gran concerto.

Comentarios (0) - Categoría: Aberracións toponímicas - Publicado o 30-12-2007 19:41
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
© by Abertal
Desde a nazón incesante:

Xiao Roel